Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de xullo de 1958 (66 anos) Illas Cook |
Deputado do Parlamento das Illas Cook | |
Datos persoais | |
Educación | Onslow College (en) Tereora College (en) |
Actividade | |
Ocupación | xogador de rugby, político |
Partido político | Partido Demócrata |
Deporte | rugby |
William Kati (Smiley) Heather, nado o 7 de xullo de 1958 en Rarotonga, é un político das Illas Cook.
Estudou na súa illa natal e secundaria en Wellington. Entre 1980 e 1997 Heather xogou na Selección de rugby das Illas Cook, logo traballou como funcionario público no Ministerio de Traballo antes de ser elixido para o parlamento nas eleccións de 2006 pola circunscrición de Ruaau como demócrata. En decembro de 2009 entrou no gabinete, logo do cesamento de Terepai Maoate e a marcha dos ministros demócratas, como ministro de Transporte, Infraestruturas e Enerxía[1], como resultado o partido expulsouno o 8 de abril de 2010[2], aínda que máis tarde volveu ser readmitido.
Heather é o irmán máis vello do político do Partido das Illas Cook Teariki Heather.[3]